O vindeiro 4 de Novembro vai ter lugar a VI Xornada da Ciencia en Galego.
Concursos, exposicións e videoconferencias, serán algúns dos actos para celebrar, un ano máis, que a ciencia tamén fala galego.
Con este motivo, convidámosvos a visionar un pequeno aperitivo da conferencia do recoñecido neurocientífico lugués e divulgador Xurxo Mariño Alfonso, biólogo, Doutor en Ciencias Biolóxicas pola USC e profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña, titulada: A máquina que constrúe a mente e a realidade.

Para obtermos máis información:
www.igaciencia.eu
www.cienciaengalego.org
entrevista a Xurxo Mariño: "o noso sistema educativo creou analfabetos científicos"
novela de Xurxo Mariño con código QR para a descarga
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!