xullo 11, 2015

FériasVacancesHolidays

Pois si, chegaron as vacacións e con elas a Coordinadora Galega de ENDL dá a coñecer o número de Xuño da súa revista Ollos de Aula, a cal non cansamos de vos recomendar e en especial a vós, nais, pais e demais familia. Así tamén a revistiña dixital Botóns, portal galego de información educativa.

E para o final deixamos unha estupenda entrada do recomendabilísimo blog de Miguel Abraira, colega e amigo; aquí tedes a ligazón: Moedas para Caronte, "un blog para compartir as clases e a vida". Nesta entrada veredes referenciadas varias pelis, algúns libros, unhas poucas cancións e algunhas páxinas web (para agora ou para o futuro). Mais, ollo, as recomendacións non son dun profe, son de dúas que foron tamén alumnas de Instituto en datas ben achegadas e que vos convidan a experimentar coas cousas que a elas lles serviron (porque os libros, as producións culturais en xeral, sérvennos, ademais de deleitarnos, entreternos, divertirnos, ensinarnos ou facernos pasar o tempo).

Así o expresaron:
Onte tivemos o pracer de coñecer e de compartir ilusións e inquietudes con algúns dos alumnos de Miguel. Aproveitamos e disfrutamos todo o que puidemos esas conversacións no claustro do instituto, pero quedáronnos moitas cousas no tinteiro. Por iso, e para agradecer a súa compañía e o seu entusiasmo, deixámosvos algúns dos libros, pelis e cancións que nos inspiran moitas das conversacións de onte.
Agardamos que isto alimente a vosa curiosidade e as vosas ganas de experimentar e de romper barreiras, que as vosas dúbidas deixen de ser un peso para converterse en aventura.
Graciñas e ata a próxima!
Cris e Marcela


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!