Este final de mes de Novembro levounos a dous dos grandes, Xosé Neira Vilas e Xosé Chao Rego. E aínda que o
mellor xeito de lembralos será sempre seguir a ler a súa obra, precisamos tamén ver que os demais a len, a recrean, a musican, e ao tempo a viven e compartillan o seu mundo.
Velaquí dous curiosos vídeos inspirados precisamente nisto, a propósito do pasamento de Neira Vilas, de quen podedes coñecer máis cousas a través da web da súa fundación.
Velaquí dous curiosos vídeos inspirados precisamente nisto, a propósito do pasamento de Neira Vilas, de quen podedes coñecer máis cousas a través da web da súa fundación.
Cos deseños de Xaquín Marín na fermosa edición de Memorias dun neno labrego da Editorial Galaxia e a música d´A Quenlla rendémoslle homenaxe:
Co alumnado e profesorado do IES Neira Vilas de Oleiros, aprendemos a valorar a mensaxe, o esforzo e a dedicación daqueles pioneiros que defenderon e dignificaron o noso:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!