A laverca, (alondra en castelán, Alauda arvensis)
é un pequeno paxaro típico das áreas abertas e agrarias euroasiáticas, ideal para vivir nunha comarca como a nosa Terra Chá. Pero ademais, en toda Galicia e norte de Portugal preséntase como subespecie específica, dado que a laverca galaica (Alauda arvensis guillelmi) participa dunhas características morfolóxicas propias e ben definidas (peteiro, cola), que falan da súa antigüidade adaptativa ao noso territorio, como nos explica o destacado ornitólogo coruñés Antonio Sandoval Rey.
Por este motivo foi sempre un paxaro ben coñecido pola nosa xente e por iso non podía faltar tampouco na obra poética de Manuel María.

É por isto que a Sociedade Galega de Ornitoloxía declarou a laverca como Ave do Ano, xenuína representante da familia dos aláudidos en Galicia: laverca, cotovía e calandriña, restrinxida xa esta última exclusivamente á comarca da Limia.
A natureza na obra de Manuel María: as aves
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!