Nada que non saibamos xa sobre as letras galegas da presente edición 2016. Con todo, convidámosvos a rebuscar abrindo as pestanas da cabeceira deste blog.

O autor, que tivo trato persoal con Manuel María durante máis de vinte anos e do que obtivo os seus primeiros coñecementos de literatura galega, que daquela non se ensinaba nos colexios, conclúe a obra asegurando que cómpre distinguir un poeta didáctico e racional en Manuel María cando fala de Galiza, da lingua ou de motivos clásicos, e un poeta máis profundo, capaz de perturbarnos, cando fala de Outeiro de Rei, de calquera animal ou motivo doméstico, da súa casa, da súa nai, da súa muller ou de si mesmo: "Os seus mellores versos nacen así cando lembra a infancia, cando ama e cando pensa na vida que se lle vai. É un Manuel María esencialmente humano. Pode entón que non debamos xulgar como acto de modestia ou como unha simple actitude literaria a súa autodefinición como poeta local."
Para sabermos máis:
Para sabermos máis:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!