Un ano máis, o colexio M. Peleteiro deu a coñecer os traballos premiados na 44ª convocatoria do prestixioso Certame Literario Minerva, ao parecer o máis antigo dos que se convocan en Galicia, pois os seus inicios remóntanse a 1963. Os premios foran apadriñados naquela ocasión por Don Álvaro Cunqueiro. Algúns dos premiados ao longo do percorrido histórico desta convocatoria chámanse Darío Xohán
Cabana, Xesús
Rábade Paredes, Lois
Diéguez, Fernando
Ónega ..., todos eles reveladoramente chairegos ou moi vencellados á chaira luguesa.
Pois agora vai ser a nosa compañeira Tamara Fernández Labrada unha das premiadas, co seu poemario "Non deixedes que vos miren o móbil", a quen lle damos desde aquí a nosa máis sinceira noraboa, desexando que este non sexa máis que o primeiro dos seus moitos éxitos literarios futuros. Lembramos as palabras do xurado na cerimonia de entrega de premios o pasado día 6 de abril:
"Como
resultado do debate que deu lugar á elección dos premios e dos finalistas, o
xurado de poesía tivo ocasión de comprobar que os poemas premiados son dunha
extraordinaria calidade o que parece garantir o futuro da poesía galega.
Sorprende, tamén, a cultura poética dos premiados dada a súa mocidade."
Uns pequenos petiscos na poesía de Tamara F. Labrada:
O anxo marchou
o mesmo día que a virxe
Non,
non me gustas máis porque vaias ao gym.
Si,
peso 70 kg e non teño intención de adelgazar.
Xa,
xa me dixeron que os pelos son masculinos.
Tamén,
tamén me dixeron que debería vestir mellor.
Non,
non me gusta que me berren pola rúa.
Si,
levo roupa curta os días de verán.
Xa,
xa me dixeron que vou provocando.
Tamén,
tamén me dixeron que se me violan é culpa miña.
Lastímate porque lle gustas.
Imos ser un.
Bágoas ou silencio, que doe máis?
Rite e di que foi unha porta.
Es unha puta.
Para sabermos máis:
Ceremonia de
entrega dos 44 Premios Literarios Minerva
Bases dos
Premios (Modalidades de Poesía e Narrativa)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!