En chegando Maio multiplícanse
as iniciativas desde distintos ámbitos do ensino e da cultura para
promoveren o uso da lingua galega. O videoclip
que onte publicou en Youtube o IES As Barxas, de Moaña, enmárcase nunha
destas accións que pretenden servir para concienciar á mocidade da
importancia de defendermos, e sobre todo, de empregarmos a lingua propia de
Galicia. Os problemas de transmisión da nosa lingua ás
novas xeracións explican o alarmante descenso no emprego do galego que
reflicten as cifras oficiais. Iniciativas como as deste alumnado serán
cada vez máis necesarias.

A letra está composta polo alumno MC Jeremías xunto co
profesor Seso Durán. O baile, pola súa banda, é cousa das alumnas e alumnos de 4º de ESO. María Cancelas e Aitana Sanz encargáronse da dirección, e a peza conta tamén con toques de saxofón a cargo de Lía Fernández. O videoclip remata cos títulos de crédito e un pequeno making off. A peza audiovisual enviarana a distintos certames como o concurso Videoghit ou a edición deste ano do Festival Audiovisual Escolar Olloboi.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!