A catedrática
da USC e cineasta Margarita Ledo vén de ser recoñecida coa XV edición do Premio
Ramón Piñeiro, Facer País, que outorga a Asociación Cultural Val de Láncara.
O compromiso
de Margarita Ledo “na súa actividade profesional como xornalista, escritora,
docente e cineasta” valeulle á catedrática da USC o XV Premio Ramón Piñeiro,
Facer País, que tamén recoñece ter sido “partícipe fundamental no proceso de
dignificación e renovación dos valores propios da cultura galega, con especial
atención á presenza da lingua nos novos medios de comunicación”.
O xurado
tamén salientou o compromiso de Margarita Ledo coa emigración e coa defensa dos
valores da liberdade, así como a favor da dignificación das mulleres.
En declaracións á
Cadea Ser, admitira que se sentía identificada “con este facer país, que é máis
urxente que nunca en Galiza”. Margarita Ledo recolleu o premio o sábado 12 de novembro no concello de Láncara.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!