A semana pasada puidemos gozar coa monumental exposición micolóxica que o alumnado de Agraria instalou nos corredores do IES. Alí estaban boa parte das variedades que estes días podemos atopar por prados, arboredas e montes de toda a comarca. Algunhas moi cotizadas e deliciosas na mesa, como cantarelas, boletus, níscalos, lepiotas; outras deostadas e até perigosas para a saúde como a amanita faloides ou a amanita muscaria, graficamente alcumada esta como "reventabois".
E como vimos de coñecer as gañadoras aos microrrelatos máis terroríficos, velaquí tedes un dos microcontos premiados que vén moito ao caso:
E como vimos de coñecer as gañadoras aos microrrelatos máis terroríficos, velaquí tedes un dos microcontos premiados que vén moito ao caso:
O sábado pasado saín
con meus pais ao monte coller cogomelos. Mentres eles os apañaban saquei o
móbil e púxenme a cazar pokemons. Atopei un boísimo e corrín tras del, ata que
se abriu o chan e caín rodando ao centro da Terra. Cando me recuperei do golpe
vin como vinte crías dos pokemons se botaban a min, queríanme cazar!
Como non se poñían
de acordo, decidiron cortarme en vinte pedazos, para repartirme.
-Nena, solta ese
cogomelo, é alucinóxeno!
Rosalía Montero Núñez, 1ºB ESO
Para sabermos máis sobre os fungos:
Alexandre Mínguez: "en Gz danse máis de 1600 especies de cogomelos"
Micoloxía 2.0
Cogumelandia
Receitas con setas
Federación Galega de Micoloxía (guía de agrupacións micolóxicas)
Asociación micolóxica A Pantorra (Trás-os-Montes)
Asociación xuvenil Aventura da Saúde (Braga)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!