xa temos gañadoras!
Premio á creación artística:
Nerea Díaz Castro de 3º ESO
Premio á creación literaria:
Andrea Méndez Soto de 1º ESO
E varias mencións para outras postais moi boas tamén, tanto pola súa calidade artística como literaria. Toda a exposición no corredor principal do Instituto. Non a perdas!
Noraboa ás
premiadas!
Moitas grazas aos autores e autoras dos máis de 60 traballos presentados. Que grande resposta!
Moitas grazas aos autores e autoras dos máis de 60 traballos presentados. Que grande resposta!
A Biblioteca do IES da Terra Chá anuncia o seu Concurso de Postais de Nadal. Poderanse presentar tarxetas que conteñan debuxos, ilustracións ou decoracións orixinais en formato libre.
Tamén se acompañarán mensaxes positivas e alentadoras para cargar de ilusións o comezo do novo ano.
Haberá dous premios:
- á mellor decoración
- á mensaxe máis poética
Esperta e bule, presenta xa na Biblioteca a túa postal.
Para sabermos máis:
E como outro ano máis chega ese momento en que precisamos felicitar o Nadal e probablemente nos custe atopar postais en galego, achegamos aquí algúns enlaces para que poidamos usar a nosa lingua tamén nestas datas.
Botóns portal galego de educación
Xa nos tés aquí web de liturxia en galego
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!