decembro 22, 2018

Boas Festas en galego


Hai catro anos editabamos a entrada en azul que tedes a seguir, nun tempo en que aínda tiñamos con nós á Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL), co seu traballo e as súas excelentes propostas, e que agora botamos de menos. Outras iniciativas seguen aínda na Rede a día de hoxe; outras boas ideas parece que se esvaeceron co vento e xa non as ides atopar onde cliquedes... Convidámosvos a probar, a ver quen continúa apoiando o galego e quen non.

Ademais de coñecermos as diferentes tradicións e rituais que na cultura tradicional galega celebran a chegada do Nadal e máis do Inverno, a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística preparou este ano unha chea de recursos para o Nadal que non debemos desaproveitar. E se o que buscamos é inspiración para os agasallos preceptivos desta época, ademais de agasallar unha lingua (como di o lema que encabeza este post), sempre podemos botarlle un ollo aos produtos tecnolóxicos con opción de lingua galega. 
Finalmente, quédanos felicitar o Nadal a todo o mundo en, polo menos, 300 linguas, para que ninguén fique sen os bos desexos que expresamos nestas datas.

Ah, e se vos parece pouco, agardade á programación destas festas en Castro, que veñen cheíñas de maxia, espectáculos, obradoiros e teatro, e por suposto, larpeiradas a eito. Convén non perder en especial o día 4 ás 19:30 no centro cultural Xosé Manuel Carballo en Castro de Rei, a obra "Queres que cho conte?", de Palimoco Teatro.


Para sabermos máis:

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!