
Volvemos á vila para visitarmos a Casa Museo. Na antiga palleira escoitamos a voz do poeta e a seguir comezamos a visita no cuarto onde el nacera.
Antón foinos mostrando algunha edición interesante que posuía o poeta, a maneira de coidar os libros, como el mesmo lles colocaba uns marcadores. Mostrounos algunha das obras que tiña de Florencio Delgado Gurriarán (autor homenaxeado nas Letras Galegas 2022). Tamén nos falou da ben coñecida amizade entre Manuel María e Darío Xohán Cabana ou con Uxío Novoneyra, etc. Soubemos da súas obras , das súas coleccións e visitamos a súa biblioteca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!