No mes de marzo co alumnado de 2º Bacharelato e outros integrantes do EDL preparamos unha saída para coñecer directamente o traballo artesanal de Elías na Reitoral de Gundivós.
Esta Reitoral é unha construcción nobre do século XVIII, restaurada e transformada nun centro onde se mantén vivo todo o ritual da alfarería da zona.
Elías é quen nos recibe no exterior onde nos explica a rehabilitación feita na contrucción , pasando ao espazo da bodega que está como museo con variedade de pezas , con diferentes usos e de diferentes é épocas.
Rematada esta visita trasladámonos ata o Pazo de Tor (ver comentario do lugar e estancias do pazo na visita feita en abril de 2019). Como novidade dicir que no baixo andar están recentemente abertas algunhas dependencias do servizo, como poden ser as alcobas. Pola tarde, paseo polo centro de Monforte, coa obrigada visita e parada con Manuel María. A seguir observamos a cidade desde o Mosteiro de San Vicente e restos da Torre de homenaxe
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!