A mediados do mes de maio visitou o noso centro Lois Pérez, autor da novela A gruta da torre, que é lectura obrigatoria do alumnado de 1º de ESO. Os protagonistas desta novela son tamén adolescentes dunha idade similar e Lois á parte de desvelar algúns "segredos" desta historia e cal foio motivo e data da súa escritura, contoulles como era o verán deses adolescentes nos anos noventa nunha vila mariñeira como é Ribadeo, espazo no que se desenvolve .
De ruta por Ribadeo. En busca de lugares e segredos de A gruta da torre
O
21 de xuño, aproveitando a proximidade do noso centro a Ribadeo e como
actividade de remate deste curso algunhas profesoras do EDL e do Equipo da Biblioteca achegámonos cos
rapaces e rapazas de 1º ESO a esa vila. Partimos da Torre
dos Moreno (lástima que estea con andamios e rede en espera de restauración), lugar de onde partiría ese pasadizo que vai ata o porto de
Porcillán e que teimaban atopar os membros da cuadrilla. Fixemos o percorrido pola Praza de Abaixo, a Fonte dos
Catro Canos, baixamos pola rúa O Vello Pancho e chegamos ao Porto de
Porcillán e despois seguimos ata a zona de Cabanela tomando con grande interese
de dar con esa entrada do citado pasadizo. De aquí xa tomamos camiño
do Cargadoiro e ver o Faro na Illa Pancha.