maio 15, 2014

Mil Primaveras máis...

As Mil primaveras máis para a lingua galega, que Cunqueiro soñou, motivan á plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega ProLingua a botar a andar unha nova campaña na que cada un de nós é fundamental.

Unha lingua só ten sentido se a falamos, porque só así garantimos o seu futuro. Pois ben, ProLingua quere que ese compromiso individual sexa visible nesta Primavera. Polo que nos pide unha cousa moi sinxela: que gravemos un vídeo dicindo Por min o galego terá mil primaveras máis (ou ben coa frase Por nós o galego terá mil primaveras máis, se o facemos en grupo) e que llelo enviemos a prolinguagalega@gmail.com antes do 23 de maio. No correo-e deberemos indicar o noso nome e apelidos, lugar de orixe e profesión.
Antes de rematar esta primavera florecerá unha gravación na que cada compromiso individual dará vida a un compromiso colectivo. Sumaremos forzas e ampliaremos a rede de afectos arredor do idioma para seguir sentindo que a Patria da Lingua Galega terá mil primaveras máis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!