...sempre de quen non respecte a miña
lingua. Porque, ao facelo, demostra que non me respecta a min,
e ao tempo tamén demostra que non respecta un ben cultural esencial.
Desconfiarei sempre de quen non considere normal o seu
uso institucional e simbólico porque non considera normal a miña realidade
cultural e porque ademais pensa que ten dereito a decidir o que é a
normalidade, e curiosamente a normalidade é el, e non eu.
Desconfiarei sempre de quen diga que o meu problema
non é real porque me fai de menos e porque pensa ter o poder de decidir o que é
real, e casualmente tamén o é el, e non eu.
Desconfiarei sempre de quen diga que as linguas son
para entenderse e non para crear problemas e utiliza este argumento para crear
problemas coas linguas.
Desconfiarei sempre de quen manipule realidades
deliberadamente e ouse acusar as lingua perseguidas de seren as perseguidoras.
Desconfiarei sempre de quen vexa como un gasto
innecesario a promoción da miña lingua e como un investimento imprescindible a
promoción da súa.
Desconfiarei sempre de quen queira acomplexarme porque
falo con naturalidade a lingua dos meus pais.
Desconfiarei sempre de quen me negue a lingua, porque me
sinto comprometido cos que a salvaron para que eu llela poida aprender aos meus
fillos.
E procurarei enfadarme pouco, só cando me pareza
normal e diante de ameazas que considere reais. E sempre, pero sempre,
plantarei cara.
Carles CAPDEVILA, director do xornal catalán Ara
Tradución ao galego do artigo "Gent normal i problemes reals" (19-01-2011)
A este texto déuselle lectura pública no acto reivindicativo organizado por Queremos Galego este 17 de Maio en Lugo
Tradución ao galego do artigo "Gent normal i problemes reals" (19-01-2011)
A este texto déuselle lectura pública no acto reivindicativo organizado por Queremos Galego este 17 de Maio en Lugo
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!