O acto reivindicativo que vedes aquí aconteceu o pasado 20 de maio no tempo de lecer e no patio escolar do IES de Breamo (Pontedeume).
Un nutrido grupo de alunas e alunos do centro (en torno ás 50 persoas) congregáronse no recreo exhibindo unha bandeira e carteis co lema
“Defender a Lingua non é Delito” en apoio ás persoas que estaban a ser xulgadas polos incidentes acontecidos o 8 de febreiro de 2009 nunha
manifestación de Galicia Bilingüe en Compostela.
Un dos alumnos participantes fixo circular a fotografía, que se difundiu profusamente polas redes sociais, o que motivou que a Asociación Galicia Bilingüe enviara un escrito de denuncia do feito á Consellaría de Educación. Unha semana despois, ao alumno en cuestión foille notificada a apertura dun expediente sancionador por "desobediencia á autoridade ao ter convocado un acto político no patio do Centro". A posible sanción que lle espera: desde un mínimo de 4 días de expulsión do centro até un máximo de obrigación de realizar os exames de fin de curso noutro instituto.
Esculca (observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades)
Diario de Ferrol (xornal comarcal)
Sermos Galiza (semanario en galego)
Galicia Confidencial (xornal dixital en galego)
Comités Abertos (sindicato estudantil)
Agir (organización de estudantes da esquerda independentista)
Liga Estudantil Galega
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!