com os brasileiros não há quem possa...
Oi, o meu nome é Carla, eu sou brasileira, e eu estou aqui pra te falar porque eu NÃO vou pra copa do mundo.
Carla Dauden , brasileira, aos 18 anos decidiu seguir a súa paixón pola 7ª arte e ir estudar cinema a California (EUA). Agora traballa como directora entre o Brasil e Los Angeles (California). Hai un ano fixo este vídeo (No, I'm not going to the world cup) para reflexionar coa súa cámara sobre as que considera que son as verdadeiras necesidades do Brasil. O vídeo, que foi grabado antes das protestas de São Paulo e Rio , difundiuse rapidamente pola rede e superou xa os 4 millóns de visitas. Nel cuestiona a necesidade de que o país acolla grandes eventos como a Copa do Mundo de fútbol en 2014 ou os Xogos Olímpicos en 2016 e reivindica que estes investimentos se dediquen a mellorar a educación, a sanidade e a crear emprego.
Despois deste primeiro grande suceso, moita xente envioulle mensaxes preguntando como colaborar e espallar estas ideas. Foi así que concebiu un segundo vídeo, que podedes ver ao mesmo tempo que esta entrevista á xoven directora, vídeo no que pretende ofrecer formas concretas para poder implicarse e participar; o seu título, Yes, you can still go to the World Cup.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!