xuño 13, 2014

Correlingua 2014

O IES de Elviña da Coruña resultou gañador do concurso de vídeo do Correlingua na presente edición. Velaquí mostramos o seu traballo, fiel ao espírito e ao lema deste ano: "Galego, o paso adiante".

De seguido, algunhas partes do Manifesto oficial deste ano, escrito polo alumnado de 3ºA do IES Díaz Pardo de Sada: 

"Nunca máis un paso atrás, NUNCA MÁIS! Miraremos atrás só para disfrutar do moito que avanzamos. Paso a paso construímos un mundo novo, o noso mundo, o noso mundo futuro, co noso idioma galego. Somos NÓS os que decidimos onde empregalo, alí onde vaiamos: no instituto, na vila ou  na cidade, tanto ten: virá con NÓS (...) ensinémoslla ao mundo en twiter, en facebook... poñamos o xermolo en cada faro, en cada deserto, en cada estrada, en cada boca que desperta ao mundo. (...) Nos camiños do mundo enteiro, haberá un corazón galego que latexará co noso acento: sen pudor, sen vergoña, sen prexuízos que abafen a nosa valentía e a nosa responsabilidade de representar a Galicia."

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!