O Mes da Ciencia en
Galego xa vai pola súa 5ª edición reivindicando O dereito a gozar da ciencia en galego. Por tal motivo temos unha serie de recursos dixitais en galego e relacionados coa ciencia ao noso dispor. "A investigación é o motor do desenvolvemento e a riqueza dos pobos, e temos que procurar reter o noso talento", di no seu Manifesto o científico e profesor de Medicina Legal da USC Ángel Carracedo. Este ano dedícaselle a efeméride, en especial, ao matemático e físico ilustrado Xosé Rodríguez
González (1770-1823), tamén coñecido como O matemático de Bermés (Lalín), a súa parroquia natal.
Os actos institucionais en Lalín homenaxean a este insigne, aínda que
esquecido, home de ciencia. Catedrático das Universidades de Santiago de Compostela e Central de Madrid, matemático e autoridade mundial no campo da xeodesia, introdutor da cristalografía neste país, mestre de Domingo Fontán, ilustrado, humanista, liberal e afrancesado. Un exemplo vivo de que en galego e desde Galicia tamén se fai ciencia.
Dos primeiros europeos
enciclopedistas, fixo importantísimas apartacións ao cálculo matemático e coidadosas medicións xeodésicas, así como tamén destacou nos campos da mineraloxía e da astronomía.
Viaxeiro incansable, percorreu Alemaña, París, Roma e Londres, sendo respectado polos círculos científicos de toda a Europa da época. Estudou a forma e dimensións da Terra, corrixindo os cálculos xeodésicos
realizados polo coronel William Lambton na India, revisando tamén a medición de
tres graos do Meridiano que levara a cabo o prestixioso científico William
Mudge, que chegaba á conclusión errada do achatamento da esfera terrestre polo
ecuador. O de Bermés conclúe que a Terra por onde é achatada é polos pólos e avultada polo ecuador, confirmando así a idea de Isaac Newton. Rodríguez, en palabras do tamén astrónomo lalinense Ramón Aller, “parecía dotado para descubrir
equivocacións”. As correccións dos cálculos de Mudge comunícaslla Rodríguez á
Real Sociedade de Londres (1812) nun informe en inglés e francés. Así, o valor do
achatamento da Terra, o máis aproximado no seu tempo, é recollido polo Dr.
Leslie na propia Enciclopedia Británica.
Tamén traballou no proxecto do novo sistema de pesas e medidas (futuro sistema métrico decimal) na medición do Arco meridiano. En plena guerra da independencia, o de Bermés sigue traballando e remite un completo informe das medicións da costa catalá e balear. É por isto que en 1808 a Suprema Junta Central encoméndalle a confección dun mapa exacto de España, así como un novo sistema de pesas e medidas válido en todo o territorio. Ao ano seguinte marcha comisionado a Londres para se informar dos últimos avances ingleses na aplicación da Astronomía á Navegación. O Tsar Alexandre I convídao a dirixir o observatorio astronómico de San Petersburgo, cargo que rexeita, aínda que si se ocupará máis adiante de dirixir o de Madrid, ao tempo que é profesor de Astronomía no Museo de Ciencias Naturais da capital. Restablecidos en 1820 os dereitos consagrados pola Constitución de Cádiz, nun dos mellores momentos da súa vida, é elixido deputado a Cortes por Galicia en 1821. O primeiro que fai é apoiar a creación dunha quinta provincia galega, con capital en Santiago, que incluiría polo sur as comarcas de Trasdeza, Deza e Tabeirós. Mais el comenta que "case que todos os galegos se opuxeron como energúmenos". Abolida outra vez a Constitución en 1822, desencadéase o revanchismo político, até límites de persecución e morte. Rodríguez, coma outros, é depurado e desposuído dos seus cargos, insultado e escarnecido, perseguido, simplemente por ser constitucionalista. Agáchase no Escorial e despois exíliase a Lisboa. Morre na casa dun amigo en setembro de 1823.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!