novembro 14, 2014

Os nosos apelidos

Agora que a publicidade puxo de moda os apelidos galegos, que tamén existen, igual ca os vascos, convén sabermos un pouco máis sobre eles e aqueles sitios web que nos poden axudar a indagar nas nosas orixes.
   Quen estuda estes temas remóntase moi atrás para explicar a historia destes "nomes de familia", que falan da nosa ascendencia e que nos acompañan durante xeracións. Infórmannos, así mesmo, das novidades actuais sobre o asunto, como por exemplo a posibilidade de corrixir fonéticas castelanizantes que se produciron en épocas pouco afortunadas para a nosa lingua, a opción legal de elixir a orde dos apelidos (pois xa non é imperativo o uso do do pai como primeiro), a posibilidade de coñecer a difusión territorial do noso apelido, a súa frecuencia porcentual concello a concello, a orixe, significado ou historia de cada apelido, patronímicos, toponímicos, de oficios, referentes ao aspecto físico ou psíquico, lexicais, etc.

   A seguir, algúns sitios web de interese, libros e até programas de radio sobre o tema:

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!