Velaquí dous documentos gráficos de apoio á lingua e ás súas variantes dialectais. O primeiro vídeo, de hai un mes, duns rapaces das Rías Baixas; o segundo, de hai quince días, doutros da Mariña luguesa. Até aquí, nada estraño e todo digno de mención e parabéns.
No primeiro (Ghalegho) faise unha mención, a modo de exemplo, da xente de Ribadeo; é por isto que os segundos elaboran Eu digo... "unha reacción solidaria e cómplice a “Ghalegho” pola súa alusión a
Ribadeo, que non quixemos deixar pasar sen máis por diante da porta".
Moi habilmente, neste segundo vídeo, introdúcense dúas alusións nada inocentes a Vila de Cruces e Moaña, co ánimo de que isto se converta algo así como nun novo legado do Tibu.
Sen mais, e como di unha das autoras, Noelia Gómez Calvo, "todos os nosos parabéns e a seguir loitando e
reivindicando quen é cada un, a nosa identidade e a nosa fala".
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!