"Cumpriuse o centenario da morte do
poeta Eduardo Pondal (Ponteceso, 1835 - A Coruña, 1917). O poeta e cantor
dos celtas, dos bardos, dos pinos, dos castros, da vella Lusitania e
reivindicador da nosa fala, finaba en marzo de 1917. Cen anos
escurecen moitas claridades, mais o resplandor de Eduardo Pondal
esclarece e ilumina inmensos portentos, de paixón e dignidade, pola
normalización dunha Galiza soberana erixida e defendida polos galegos.
Eduardo Pondal foi consciente de enaltecer o propio e dignificar o noso
idioma; na súa poesía a defensa da lingua é constante, e valente a súa
mensaxe, como lles lembra ás mociñas da Coruña para que falen a nosa lingua:
de amabre despexo,
de falas graciosas
e pasos
lixeiros,
deixá de Castela
os duros acentos:
falade miniñas,
falade galego.
Pondal foi un persistente defensor da nosa fala: “Nobre e
harmoniosa / fala de Breogán, / fala boa, de fortes e grandes / e
grandes sin rival”. Dous apelos necesarios para comprendermos o compromiso
do autor de Queixumes dos pinos, onde alborexa o verbo defensivo dun
poeta de compromiso e combate pola fala, que vén ser unha das
credenciais identitarias con que Pondal puxo énfase na reivindicación e
defensa do noso idioma."
Para sabermos máis:
Mural de E.Pondal por xentileza de vellaescola.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!