I Certame de Redacción Xornalística "Mariña Folgueira"

Trátase de un premio dirixido ao alumnado de Primaria e Secundaria que quere incentivar o interese dos escolares por contar historias da comarca chairega a través da redacción xornalística e en galego.
Os centros escolares poderanse inscribir até o 30 de abril e poderán enviar os traballos que consideren, sempre e cando sexa un por autor. Pola súa banda, a data final de recepción dos textos rematará o 25 de xuño. Os artigos deberán constar de entre 3-8 páxinas numeradas, nun documento de texto formato DIN-A4 a espazo simple, con letra tipo times new roman, tamaño 12 e xustificada a ambas as marxes. O enderezo-e para recibir os orixinais é reigosa.asociacion@gmail.com, ou ben por correo ordinario á devandita Asociación (Igrexa, 8. Reigosa, 27287. A Pastoriza). O xurado –formado por un escritor, un
xornalista, un profesor de literatura, un crítico literario e un
persoeiro relacionado cos medios de comunicación- emitirá o seu fallo o 3 de agosto e terá en conta criterios de pertinencia da temática e de riqueza léxica, así coma o uso de recursos literarios e técnicas da
redacción xornalística, coherencia gramatical, corrección
lingüística e orixinalidade.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!