Se sabes debuxar unha folla,
sabes debuxar o mundo
John Ruskin 1819-1900
Alumnado e profesora despois do traballo |
Emulando a aquelas
botánicas dos séculos XVIII e XIX, que foron quen de facer contribucións moi significativas
neste campo de coñecemento, pois identificaron, recopilaron e ilustraron infinidade de especies de plantas, o alumnado de 1º de Bacharelato, dirixido pola
súa profesora Pilar Pavón, preparou estas magníficas ilustracións sobre flores
da flora galega presentes na nosa comarca da Terra Chá. O resultado de varios meses
de traballo está xa exposto no corredor principal do Instituto. Noraboa a todas
e todos polo traballo!
De xeito complementario a esta exposición, nos taboleiros anexos, exponse graficamente a evolución histórica da ilustración botánica, así como exemplos de láminas debuxadas por aquelas pioneiras que fixeron contribucións moi significativas na disciplina, desafiando os roles e costumes da época. Amosamos así o traballo de Jeanne Baret ou Jane Colden, ou a considerada primeira española que fixo investigación botánica Blanca Catalán de Ocón.
E o segundo complemento, que constitúe
unha nova exposición en si, vén a cargo
do profesor Nilo Carballal e o alumnado da FP básica, sobre
biodiversidade e espazos protexidos de Galicia.
Pincha a continuación para veres o vídeo da exposición:
Para sabermos máis:
Ilustración botánica na historia: ciencia e arte en Diario de un copépodo
Naturalistas: botánicas en As mulleres na revolución científica
Blanca e Clotilde Catalán de Ocón en Mujeres que hacen la historia
Meigas: as antigas custodias da menciña popular
en Culturagalega.org (Álbum de mulleres)
A ciencia ten nome de muller
Jane Colden na Galipedia
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!