O pasado 7 de Xuño viaxamos os de 1º de ESO A e B coas profesoras
Lola e Silvia ao encontro de varios maiores das terras de Guitiriz, que nos aprenderon moitas cousas sobre as plantas e o medio natural. Desde aquí o noso sinceiro agradecemento á Asociación Cultural Xermolos, e en concreto a Alfonso Blanco Torrado por nos preparar
este encontro.
Acompañados por Alfonso, Andrés e Luís fixemos un bo anaco do
Roteiro da Pedra, que sae da casa natal do poeta Díaz Castro en Vilariño e chega ao campo da festa do Buriz. Estivemos atendendo aos nomes e usos tradicionais das plantas e tivemos, ademais, a
sorte de ver un dos escasos prados que quedan con Arnica montana, coñecida entre nós como Árnica, unha das plantas medicinais máis aprezadas na fitoterapia europea, da que se coñecía e recollía a súa flor nesta comarca desde antigo e que aínda hoxe sería posible comercializar con éxito.
Aquí podedes ver o álbum de fotos da nosa excursión.
Segue ata o fondo e atoparás o vídeo da viaxe cos nomes das plantas identificadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!