marzo 31, 2022

Do proceso de normalización e situación actual da lingua


   Tivemos a sorte de contar no pasado mes de maio coa presenza da xuíza maxistrada Dalila Dopazo, natural de Marín e destinada no Xulgado do Social nº 3 de Lugo. Dela salientamos que en 2014 recibiu o Premio Lois Peña Novo, que recoñece o labor, tanto individual como colectivo, daquelas persoas, entidades ou empresas que traballan ou teñen relación coas administracións públicas e que fan co seu traballo cotián -estudos ou traballos de investigación- que a lingua galega se consolide, cada vez máis, no eido das administracións públicas, na vida institucional de Galicia e na sociedade en xeral.  É autora de artigos como "A quebra da progresividade no proceso de normalización lingüística" no  Decreto para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. 

 De forma clara e amena explicounos os termos “pluralidade lingüística”, “lingua propia”, “cooficialidade”, “liberdade de opción lingüística” etc. e fixo referencia á situación da lingua no ámbito do ensino coa análise dos diferentes decretos ao respecto. Tamén nos achegou a realidade de uso, ou mellor a escasa presenza do noso idioma no ámbito da xustiza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!