maio 14, 2018

O TerraChá non para


Despois de 18 anos, 2.000 quilómetros e 40.000 rapaces e rapazas implicados neste movemento a prol da nosa lingua, chegou a Lugo a edición 2018 do Correlingua, promovendo como sempre a participación da mocidade na difusión e reivindicación do idioma e da cultura de Galiza. 

Como vén sendo habitual, velaquí unha proposta lúdica e educativa que pretende convidar á rapazada de Primaria e Secundaria e aos propios centros de ensino a participaren nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso da nosa lingua, único xeito de garantir o seu futuro.

O Correlingua, que xa se fixo maior de idade neste tempo, e que achega puntualmente cada ano unha serie de recursos, alén de convocatorias diversas e premios para centros de ensino, alcanzou unha alta participación de escolas, institutos e alumnado en xeral, así como o apoio de persoeiros e organizacións de toda caste. 

Agora que entra xa na recta final desta edición, con espectáculos de música, teatro e premios a esgalla nos finais de etapa de Monforte, Ferrol e o 16 de maio en Vigo, deixámosvos aquí testemuña do contributo do alumnado de 1º de ESO do Terra Chá ao Correlingua na súa etapa correspondente a Lugo do pasado 9 de maio. 
Lendo o manifesto gañador do concurso escolar deste ano



 




















Obra gañadora do concurso de vídeo na categoría de Secundaria-Bacharelato:

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!