[por Cristina Pérez Amigo]
O pasado día 30, os alumnos e alumnas de 2º da ESO viaxamos ata Santiago de Compostela acompañados por Nati e Benito para participarmos no VIII Encontro de Estudantes de Música de Galicia.
Este encontro realizouse no auditorio Abanca. Pola mañá, ao chegarmos, fixemos de público, tendo a oportunidade de presenciar unhas marabillosas e orixinais actuacións doutros centros galegos.
Despois acudimos a uns obradoiros relacionados coa música, máis exactamente batucada, hip-hop e percusión tradicional. Tamén había un obradoiro de canto, pero non foi escollido por ningún de nós. Ao rematar os talleres volvemos ao auditorio e, despois de asistir a máis interpretacións, tocounos por fin actuar a nós. Representamos unha versión do poema "Cántiga" de Manuel Curros Enríquez, e fixémolo cantando, facendo percusión corporal e tocando instrumentos.
A actuación foi acompañada dunha presentación de imaxes onde aparecían fotos dos migrantes galegos do século XIX e dos migrantes actuais de diferentes partes do mundo. A mensaxe que quixemos presentar é que nós tamén fomos migrantes e que, polo tanto, debemos de ser comprensivos.
Cando remataron as actuacións, os alumnos de todos os centros fomos xantar ao parque de Belvís e descansar un pouco baixo a sombra dalgunha árbore ou tentando atravesar algúns dos seus labirintos. Ademáis, tiramos esa foto que encabeza o artigo como recordo deste grande día.
Cando rematou a comida e descansamos a fartar tocou, infelizmente, ir ao autobús e voltar para a casa. Foi un día extraordinario e divertido, e ata se fixo curto, pero esperamos que haxa moitos máis.
Aquí vos deixamos o vídeo da actuación:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!