xullo 11, 2019

De estrea

E chegou o momento. A estrea oficial do videoclip "Proxecto Viladonga", no auditorio municipal Carmen Estévez de Vilalba, o día 21 de xuño, o derradeiro día deste curso 2018-19. A estrea, que tivo a un alumno do centro, Sergio Peteira, como mestre de cerimonias, e na que houbo nervios, ilusión e moitos aplausos, contou coa presenza de todos os protagonistas do proxecto, así como tamén das diferentes institucións e representantes dos centros implicados.

Os datos e detalles, xuntamente cun pequeno avance en vídeo da obra final, xa os tedes na entrada anterior a esta.

Pero agora o que toca é ver o produto resultante daquela xornada inesquecible do 30 de maio pasado, baixo a batuta de Benito Buide e a inspiración da percusión corporal:



Por se vos quedou gana de máis, aquí vai a presentación de fotos da xornada de gravación, o 30 de maio:
 

Por aquelas datas fixáronse en nós tamén na prensa, testemuña queda aquí e tamén noutros recortes deses días:












Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!