O vindeiro martes día 23, ás 14:45 h., teremos no instituto a primeira xuntanza para iniciar o noso traballo de colaboración co proxecto Galicia nomeada.
Trátase de recoller, xeorreferenciar e difundir a microtoponimia da nosa comarca, coa idea de preservala do esquecemento, como un valor cultural máis que non debemos deixar perder.
Para isto usaremos a aplicación colaborativa que nos presentou o pasado 8 de xaneiro o profesor VicenteFeijoo Ares coordinador do proxecto e membro do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega.
Esperámoste!
Xantar e xuntanza antes de poñerse ao traballo.
💬 Descarga de balde a app Galicia nomeada
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona: "Nome/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!